Que podo ensinar?

Unha pregunta que me poño nun día non lectivo. É dicir, nun día no que non ‘contacto’ cos alumnos de xeito directo na aula-laboratorio. Quizais por iso o pensamento vaise máis libre mirando ó mar e atopo que a pregunta gústame menos que a de que podo aprender?

Si, mellor, pregúntome polo que podo aprender. Porque… se estimulo a capacidade de interesarse da miña xente, poderei aprender, pero máis aínda, poderán aprender. Poderemos aprender, conxugando o verbo en conxunto.ondas

Quizais á formulación anterior lle veña ben outra volta máis, pero o xerme da idea está aí. Diante dun mar hoxe embravecido, desafiante, síntoo como algo que aprecio, belo, ó tempo que me pregunto dende cousas sinxelas ata outras que estimo moito máis complexas, dende o que fai caer a crista da onda ata o patrón de distribución da escume ó longo da superficie: a curiosidade leva a interesarse por aprender, o mesmo que queremos beber para saciar a sede.cropped-edu.jpg

E, como ensinante? Si, o barullo anterior foi o dunha persoa sen definir, pero, se centramos o pensamento en alguén como ensinante, en alguén que ten como misión que os demais se desenvolvan, como se percebe o conxunto? Coido que a resposta é ‘o mesmo’, do mesmo xeito, aínda que poda axustarse que algunha particularidade, algún cambio no ‘procedemento’ porque os demais non son eu mesmo, e iso necesita unha adaptación.

Advertisement

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s