Educación (mellor, ensino) e economía

Nunha das moitas veces que se confunde ‘educación’ e ‘ensino’, acabo de atoparme co artigo titulado “La contradicción de la educación en España: el gasto por estudiante es bajo mientras que el coste salarial de los profesores muy alto“, que presenta a edición dixital de El Economista. Deixaría pasar o tema, mais xa dende o título presenta ademáis síntomas dunha interpetación sesgada, senón sinxelamente truculenta.

O artigo é un comentario sobre o informe da OCDE “Panorama da Educación” no que se refire a España. O primeiro que salta á vista é que é un informe dunha institución económica, logo sobre economía, non baixando máis que ao rendemento e custes económicos do ensino, logo tocando ó ensino de xeito lateral. Algo que ó ler o artigo pódese esquecer con facilidade (por outra parte, como se esquece que a avaliación PISA parte da mesma matriz, aínda que neste caso con outras derivacións)

No artigo, no primeiro parágrafo, chaman a atención sobre unha contradición en España: gran custe dos docentes, poucos cartos invertidos en educación. No segundo, cando xa está dito e fixado o tema, repíteo dun xeito algo máis veraz; “Mientras que el gasto por estudiante permanece bajo, los costes salariales del profesorado por estudiante son relativamente altos”. Vale, non é que se gaste moito en profesorado, senón que é sobre un gasto total baixo.

Parágrafo seguinte: o gasto por alumno é un 10% máis baixo que a media da OCDE Iso si, considerando o PIB per cápita, achegámonos á media. Non se fala de esforzo educativo, ou do que representa, senón de que ‘así está ben xa, ben mirado’. Iso fai que o soldo do profesorado implique unha culpabilización; gástase demasiado en profesorado, e logo, pouco en pizarras dixitais e cousas así, que é o que move os cartos para as empresas.

Ven logo a primeria táboa, onde amosa a media de gasto da OCDE e a dos países, en profesorado por alumno e ano. Resulta que a media non está no medio da táboa, nin ten igual poboación a uhna beira que a outra (iso sería a mediana, algo que os economistas tentan deixar de lado por indicar un concepto de media máis popular, como ‘o que se ve por termo medio’)… e é que claro, se puntuamos igual o ‘per cápita’ letón que o alemán, asignando o mesmo peso a tódolos países, poden saír cousas ben raras. Máis aínda se non temos en conta a calidade do ensino (non medida PISA, senón valoración dos profesionais recién egresados no extranxeiro, onde se ven na necesidade de emigrar).

‘El tamaño estimado de la clase es menor que en la OCDE’. Aí lle deches! A estimación da pouca estima aumenta o custe por alumno. Tal e como se pon no artigo, parecería que o aumenta por riba da táboa que remata de poñer. Pero non, xa está incluída esa ‘estimación’. Non importa por exemplo que os pobos na República Eslovaca teñan un tamaño abondo superior ó de Galicia e iso teña que conlevar unha aproximación de agrupacións educativas diferentes, por poñer unha comparación que se debera facer -entre outras apreciacións- antes de sacar conclusións como a cualifiación de ‘malas noticias ou incomprensibles’. que en España o estado paga profesorado de centros concertados, pero conta polos alumnos da pública? Iso non se sabe moi ben como interpretalo…

O resto do artigo trata a ‘educación’ (ensino, e dende o punto de vista de facer un esforzo por parte das familias, individualizando de xeito capitalista) como inversión e a súa rendibilidade en cartos. É dicir, deixando xa de xeito claro o perfil e obxectivo do artigo.

Por último, pódese contrastar o artigo con outro do día despois, esta vez no eldiario.es: “La caída de la inversión pública lleva a las familias españolas a gastar el doble que las europeas en la educación de sus hijos

Advertisement

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s