Contradición ou imposibilidade

Educar implica moitas cousas. Entre elas, procurar a inclinación a fixarse no mundo que nos rodea ou participar tentando melloralo. Deixo unha foto tomada hai menos dunha semana dun cartel dunha rúa na Puela de Allande: s.XIII, Avda. de América? Pensando pode chegarse a que a orixe do pobo está no século XIII, e que é a iso ó que se lle adica o pé do cartel. Pero… Continue reading Contradición ou imposibilidade

Uso de materiais con dereitos de autor na educación

Traducido do artigo http://blog.pompilos.org/archivo/uso-de-materiales-con-derechos-de-autor-en-educacion , de José M. Ciordia (@José M. Ciordia 2011) Non se trasladan os comentarios. No seu traballo o profesor usa a miúdo materiais suxeitos a dereitos de autor (en inglés, con copyright), pero adoita descoñecer a lexislación respecto diso. Revisarei a continuación os aspectos máis importantes do tema. Para profundar, pódese consultar en internet a Lei de propiedade intelectual (LPI) vixente en España (cada país terá a súa lexislación propia). Dúas falsedades moi extendidas sobre os dereitos de autor 1. Só teñen dereitos de autor aquelas obras rexistradas no Rexistro da Propiedade Intelectual, ou aquelas nas … Continue reading Uso de materiais con dereitos de autor na educación

Manifesto do dominio público

Que ten que ver ‘educar’ co dominio público? É possible queue ó ver esta entrada neste blog alguén pense an pregunta anterior. A cousa (e a causa) estriba en queue a educación debe ser libre, e sen ter un ‘dominio público’ o que queda é privado, co que non se pode ter unha auténtica educación. Poderiamos falar máis diso, pero a entrada non vai por aí, senón para achegarse a unha base da educación. O manifesto está accesible en castelán, e pódese asinar en https://publicdomainmanifesto.org/manifesto/#es “Le livre, comme livre, appartient à l’auteur, mais comme pensée, il appartient—le mot n’est pas … Continue reading Manifesto do dominio público

Só un apunte sobre un blog comunitario

Recollo unha entrada de https://www.edu.xunta.gal/centros/eoiribadeo/aulavirtual/blog/index.php?entryid=4 para dar referencia, un alento de máis aló, dun blog xa inexistente (máis ben, falto de mantemento), accesible polo momento en https://btwogether8.blogspot.com/, mantido por un equipo que nos chamábamos ‘Magnificient8’, por ser 8 os constituíntes… Continue reading Só un apunte sobre un blog comunitario

Tentando educar, en internet archive e na BNE

Procurando por outra cousa, atopeime coa agradable sorpresa de que Tentando Educar está na memoria de internet que representa o internet archive, así como no arquivo de webs da Biblioteca Nacional de España. Deixo as ligazóns: https://web.archive.org/web/20210913130833/https://tentandoeducar.wordpress.com/ http://www.dl-e.es/openwayback/wayback/*/https://tentandoeducar.wordpress.com Continue reading Tentando educar, en internet archive e na BNE

Tentando educar para un futuro posible

Hai pouco o IPCC liberou o seu sexto informe. As 4000 páxinas de extensión dan para moito, abondo máis que o que se pode tratar nunha entrada de blog, e máis aínda se non vai directamente sobre clima, senón sobre educación. Por iso deixo as imaxes do resume máis resumido que fai oficial o IPCC, e confórmome cunha tradución ó galego e algúns comentarios (en cursiva) sobre esa tradución en relación ó noso propio coñecemento e educación. Cabeceiras resume para xestores de políticas: A. Estado actual do clima A1 É inequívoco que a influencia humana quenceu a atmosfera, o océano … Continue reading Tentando educar para un futuro posible